O xefe da Policía Local de Rianxo, distinguindo en Madrid na Gala Madrileña do Deporte

03 Febreiro 2023

O xefe da policía Local de Rianxo, Raúl Frieiro, foi recoñecido a pasada fin de semana na Gala Madrileña do Deporte, organizada pola Federación Madrileña de Kick Boxing e Muay Thai.

O acto celebrouse o pasado sábado día 28 de xaneiro na localidade de Vila de Quijorna. Trátase dun evento anual no que se premiaron adestradores, clubs ou deportistas polos éxitos acadados no ano 2022.

A Federación Madrid de Kickboxing e Muay Thai, xunto coa Comunidade de Madrid, foi a encargada de organizar o acto e entregar a medalla ao mérito deportivo (a mais alta distinción da federación) concedida a Raul Frieiro polos “anos de constancia, compromiso e sacrificio nas artes marciais, especialmente na instrución en Defensa Persoal Policial e Defensa Persoal Operativa ós colectivos das Forzas e Corpos de Seguridade e Forzas Armadas tanto en territorio nacional coma no estranxeiro”.

Frieiro é adestrador nacional nivel 3 e é cinto negro 3º Dan en Kickboxing, Defensa Persoal Policial e Krav Maga, ademais de profesor colaborador na Academia Galega de Seguridade Pública e na Escola de Infantería de Marina Gral. Albacete y Fuster, onde instrúe a policías e militares en defensa persoal, tiro, técnicas de intervención e protección a personalidades e escoltas.

No acto foron impostas condecoracións a distintos deportistas da Comunidade de Madrid, representantes das forzas armadas e dos corpos e forzas de seguridade e ao Centro de Adestramentos Especiais (CAE) da Garda Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.