
Os vindeiros 15 e 28 de febreiro vanse celebrar unhas Xornadas de Portas Abertas no CRA de Rianxo (colexios agrupados de Cuvide, Cruceiro, Outeiro, Capela, Pazo, Abuín, Rañó e Quintáns). Trátase dunha actividade de dinamización e información dirixida a nenas e nenos de 2020 e, tamén, ás familias en xeral que desexen coñecer o funcionamento, a dinámica e as instalacións do CRA. A primeira quenda das xornadas desenvolverase o 15 de febreiro en horario de 16 a 17.00 horas e incluirá no seu programa un contacontos na Escola do Pazo. O día 28 será a xornada da segunda quenda, en horario de 16 a 18 horas, e inclúese un convite para coñecer as escolas agrupadas que forman parte do CRA.



