O Concello pobrense incrementa o número de prazas para o nivel A1 da lingua de signos

01 Febreiro 2023

Un total de 61 persoas solicitou a súa participación no nivel A1 da lingua de signos que oferta a
Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal. O límite de participación establecíase nas 20 prazas por grupo (quenda de mañá ou de tarde), pero, por causa da alta demanda, a edil Amparo Cerecedo (BNG) informa de que, garantindo o correcto transcurso e calidade das clases, se admitirán tódalas inscricións para que ninguén quede fóra.
Cerecedo incide en que este volume de peticións “corrobora a importancia desta oferta formativa que lanza a Administración local para favorece-la comunicación e a inclusión, ademais de consolida-la aposta polos certificados de profesionalidade”, polo cal se seguirá así co proceso de homologación dun espazo municipal para tal fin.
O curso será impartido pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia ós luns e ós mércores do período comprendido entre o día 15 de febreiro e o 22 de maio, na aula multiúsos da Casa da Mocidade.
Abordaranse seis unidades didácticas con contidos gramaticais, léxicos, socioculturais e pragmáticos propios do nivel básico.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.