Ileso un parapentista despois de sufrir un accidente tras quedar enganchado na ponte da Illa de Arousa

22 Febreiro 2023

Afortunadamente, o deportista coa axuda dunha persoa particular que se atopaba no lugar, logrou desamarrar os cables do equipo que portaba e que o mantiveron unido á ponte durante un breve período de tempo, tirouse ao mar e nadou ata a beira. Alí o agardaban os servizos de emerxencia.

A chamada ao 112 Galicia foi realizada ao fío das 16:45 horas. Nese momento, o alertador indicaba que un parapentista necesitaba axuda tras enganchar os cables do seu equipo na estrutura da ponte da Illa de Arousa. Ao mesmo tempo, indicaba que o deportista estaba ben e que non parecía necesitar asistencia sanitaria.

Os xestores do 112, nada máis recibir a chamada do alertador, pasaron aviso aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e da Policía Autonómica, aos Bombeiros do Salnés e tamén ás autoridades responsables polo control aéreo na zona. Igualmente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose a situación en coñecemento do equipo de Urxencias Sanitarias, por se nalgún momento fose necesaria a súa intervención.

Poucos minutos despois, os axentes da Policía Local contactaron co 112 para informar de que a persoa xa se atopaba en terra e en bo estado de saúde.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.