Igualdade da Deputación destina 850.000 euros a dúas liñas de axudas para entidades que traballan a prol das políticas de xénero

07 Febreiro 2023

A Deputación da Coruña abriu o prazo para que entidades sen fins de lucro poidan presentar solicitudes para as axudas destinadas a desenvolver programas de igualdade entre homes e mulleres e impulsar a loita contra a violencia de xénero. Trátase da liña de axudas da área provincial de Igualdade para a que destina un orzamento total de 450.000 euros en 2023, cunha achega de entre 1.000 de 40.000 euros euros por entidade beneficiaria. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de marzo.

María Muíño, deputada de Igualdade

A institución provincial tamén abre este ano unha nova liña de axudas que completa a súas políticas de xénero. Trátase dunha partida para que as entidades que desenvolvan actividades pola igualdade e contra a violencia sexista poidan solicitar financiamento para investimento (adquisición, construción, reforma, ampliación e mellora de inmóbeis, equipamentos e mobiliario) non subvencionado anteriormente pola Deputación. Neste caso, a Deputación destina un orzamento de 400.000 euros, e as axudas a conceder serán de ata un importe máximo de 28.000 euros por entidade beneficiaria. Os solicitantes teñen tamén ata o 10 de marzo para tramitar as solicitudes.

“Desde o departamento de Igualdade da Deputación”, explica a deputada María Muíño, “temos que apoiar políticas que promovan accións de apoderamento e participación social, programas de mellora da empregabilidade, actividades de fomento da igualdade entre homes e mulleres ou proxectos que incidan no eido da conciliación familiar e a responsabilidade compartida”. E engade: “Queremos seguir avanzando no noso plan de acción, que inclúe a Escola de Formación e Igualdade ou a rede de axentes pola igualdade, e para iso é imprescindíbel que subvencionemos programas socioeducativos ben formulados e planificados e que teñan continuidade”.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación destas dúas convocatorias realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación.

Outros artigos

O Goberno de Ribeira reúnese coa veciñanza de Castiñeiras

O equipo de Goberno local de Ribeira mantivo este martes 28 de novembro unha reunión coa veciñanza na Casa da Cultura deCastiñeiras na que se abordaron distintos temas que afectan aos residentes da parroquia. Durante o encontro abordáronse cuestións relativas ás...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...