A Garda Civil incautou un total de 452 cartóns de tabaco de contrabando por valor de 20.155 euros nun buque con bandeira estranxeira amarrado no porto coruñés da Pobra do Caramiñal.
Axentes das Patrullas Fiscais, xunto con servizos de vixilancia aduaneira, entraron na embarcación e localizaron no castelo de proa 13 vultos sospeitosos. Unha vez rexistraron comprobaron que se trataba de tabaco de contrabando. Ao terminar o reconto en dependencias oficiais determinaron que se trataban dun total de 90.400 cigarros de diferentes marcas.
Os efectivos de Instituto Armado procederon á detención do capitán por un delito de contrabando.
.