Volve Pequefilmes co mellor cinema en pequeno formato e con obradoiros de contidos para a rapazada

19 Xaneiro 2023

A rapazada dos nosos centros escolares vai comezar co ano cun menú completo de audiovisual en pequenos formatos e de creatividade de contidos (coa posibilidade de crealos coas súas propias mans). Será a grazas á sétima edición do certame Pequefilmes, que se celebra este mes de xaneiro na Cidade da Cultura cunha escolma do mellor cinema dirixido ao público máis novo. O festival internacional de curtametraxes infantís proxectará no Gaiás un total de 65 obras, procedentes dunha vintena de países, na fin de semana do 28 e 29 de xaneiro.

O certame, que vén da man da Consellería de Educación e Cultura (coa participación activa da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería), ten o obxectivo de “ofrecer contidos audiovisuais de calidade desde idades temperás, fomentado o gusto polo cinema e o espírito crítico das nenas e nenos, que son os encargados de elixir cos seus votos as tres mellores curtametraxes que serán premiadas no festival”.

Nesta sétima edición, as proxeccións distribúense en dúas seccións por idades: Vagalumes, para as pequenas e pequenos de 0 a 3 anos de idade, e Vacalouras, para maiores de 4 anos. As proxeccións serán na Biblioteca de Galicia e as entradas poden adquirise xa en Ataquilla e no Museo Centro Gaiás, a un prezo de 3 euros por sesión. A sección Vacalouras poderá verse tamén en liña a través da plataforma Festhome na mesma fin de semana do festival, para facilitar que público de todo o país goce da programación.

Entre as curtas que se poderán ver no Gaiás hai pezas seleccionadas e premiadas nos festivais máis importantes do mundo, como a francesa The soloist, distinguida na última edición do Festival Clermont-Ferrand e no Stuttgart Trickfilm Film Festival, ou a británica Cat & Moth, premiada en festivais de Asia, Reino Unido, Canadá, Francia e Chipre, entre outros.  Mora Mora e The turnip, gañadoras nos Indie Cinema Awards, ou a norueguesa I’m not afraid, premio do público no Heilbronner Kinderfilmfest e mención especial no Festival Ojo de Pescado en Chile, son outras das cintas destacadas que compiten nesta edición.

Ademais, un total de 13 curtas españolas participan en Pequefilmes 2023, como El sueño de Quino, inspirada nas viñetas do creador de Mafalda ou Cole Krsuá, filme de stop motion, dirixido por David Castro e escrito por el e Mario Larrá xunto con tres nenos.

Obradoiros de animación

Pequefilmes recupera logo de dous anos os obradoiros de cinema para a cativada, que é, en palabras da organización, “unha das actividades máis demandadas polas familias” e que desta volta mostrará aos rapaces en que consiste a animación go motion coa rodaxe dunha peza na que serán os protagonistas, empregando unha técnica (go motion) baseada no fenómeno da persistencia retiniana que deu orixe ao cinema (baséase en fotografar modelos en movemento para despois animalos empregando diferentes frecuencias de fotogramas).

O cineasta e guionista Marcos Nine, responsábel de pezas como Radiografía dun autor de tebeos, director artístico do festival Cinema Crianza e programador da sección infantil da Mostra de Cinema Etnográfico MICE Petís, será o encargado de impartir os obradoiros os días 28 e 29 de xaneiro de 2023.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...