Un incendio provocado nunha vivenda da Pobra deixa varios intoxicados

12 Xaneiro 2023
Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Riveira e Boiro interviron en incendio de vivenda na Pobra do Caramiñal, rescatando a unha persoa do interior, sendo trasladada ao hospital do Barbanza. Foi rescatado tamen un cadelo. Colaboraron Garda Civil, 061 e Protección Civil. ADC Bombeiros Boiro

Dúas persoas tiveron que ser atendidas no Hospital do Barbanza por síntomas relacionados coa inhalación de fume durante un incendio na vivenda da Pobra do Caramiñal, incendio que resultou ser intencionado.

Os equipos de emerxencias desprazados no lugar do feitos, no lugar da Mirandela, observaron a manipulación de bombonas e o uso de material incendiario como o detonante dun lume con consecuencias en toda a vivenda. Ardeu un sofá, colchóns e roupa, e dúas persoas que habitaban o piso recibiron asistencia médica por unha posible intoxicación por inhalación de fume. De feito, deberon ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Para facer fronte a esta situación, desencadeada pasada esta medianoite, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Boiro e Ribeira, así como de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Protección Civil da localidade e dos axentes de seguridade da Garda Civil e da Policía Autonómica.

Así, pola súa parte, serán os equipos de investigación das forzas da orden quen determinen as causas deste incendio, aínda que existe evidencia da intencionalidade do lume. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.