Reforma integral da estrada entre O Camiño Ancho e A Figueira

11 Xaneiro 2023

Están en marcha as obras de mellora na estrada que comunica O Camiño Ancho e A Figueira.
Trátase da segunda fase da reforma integral desta vía iniciada en 2015 coa dotación da rede de saneamento e asfaltado dun camiño de terra que se abrira recentemente, segundo apunta o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra).
Agora compleméntase coa rede de pluviais, co soterramento dos cables do alumeamento público, coa pavimentación e pintando as marcas da estrada, cun investimento de 47 442’19 euros, IVE incluído, por executar no prazo dun mes, tal e como anuncia a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra). A dita actuación atópase ao abeiro do POS+2022 e Construcciones Anspal S.L. resultou a empresa adxudicataria tras permanece-lo proxecto público na plataforma de contratación do Estado.
Con relación a isto último, o rexedor explica que se tramitou con máis axilidade ca outras intervencións adscritas a anteriores plans, pois agora a institución provincial permite o contrato menor sen o sometemento ao proceso de licitación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.