Outes licita obras por 370.000 obras para melloras no rural, humanizacións e mantemento

13 Xaneiro 2023

O Concello de Outes licitou varias actuacións correspondentes ao POS+2022 (Deputación da Coruña) coas que se pretenden acometer melloras en varios núcleos rurais, humanizacións na capital do Concello e mantemento de infraestruturas deportivas.

En canto ás melloras no rural, actuarase nas parroquias de Valadares, Entíns e Tarás. Ditas intervencións levaranse a cabo no lugar de Crespos, onde se reservan máis de 60.000 € para pavimentación de interiores, así como no camiño de Entíns a Fontenlos e nos interiores do lugar de Tarás.

Rúa Doutor Esperante

Por outra banda, o Goberno dirixido por Manolo González dará continuidade este ano ao seu plan de humanizacións, farao nas principais rúas da capital do concello, acometéndose desta volta unha actuación de mellora da rúa Doutor Esperante (na imaxe), na que se invisten máis de 150.000 €.

No que se refire ás obras de mantemento de infraestruturas, entre as obras previstas tamén se atopa a mellora do Pavillón Deportivo da Serra de Outes, que precisa unha reforma da cuberta así como a posta en punto da contorna da pista deportiva. Finalmente, tamén se levará a cabo unha actuación nos piares da ponte sobre o río Tins en San Lourenzo, que se atopan en mal estado.

O alcalde, Manolo González, indicou que nas vindeiras semanas agárdase sacar a licitación o resto de actuacións do POS+2022, onde se inclúen pavimentacións nas parroquias de Outes, San Cosme, San Ourente, O Freixo e na Serra de Outes. O importe das mesmas ascenderá a uns 300.000 €.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.