Outes celebra a recta final de Nadal cunha recepción aos Reis Magos, unha festa de inchábeis e un baile no Centro Social

02 Xaneiro 2023

O Concello de Outes tennos deparadas para esta primeira semana de xaneiro unha serie de actividades de Nadal de gran interese. Por exemplo unha gran xornada festiva para recibir a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Será o 5 de xaneiro deste ano 2023 dende a mañá. A axenda inclúe a recepción de Melchor, Baltasar e Gaspar no Pavillón Municipal da Serra en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas. A saída da comitiva real está prevista para as 18.00, nas rúas da Serra. Ao remate do desfile, segundo informa a área municipal de Cultura, haberá unha chocolatada na praza de Galicia. Por certo que en caso de choiva suspenderase o desfile e o programa de actividades limitarase á recepción. As inscricións para as carrozas cómpre facelas a partir do luns 12 de decembro no teléfono 981 850 950 (a partir de 4 anos, até completar o aforo).

Dous días despois, o sábado, o Concello tamén organizará unha Festa de Inchábeis na Piscina Municipal de Outes, en horario de mañá e en dúas quendas (de 10 a 11.30h para menores de 8 anos e de 11.30 a 13.00 para as rapazas e rapaces de entre 9 e 15 anos).

A maiores, e a xeito de destacado colofón das celebracións, o Centro Social de Outes acolle o domingo 8 de xaneiro, a partir das 18.00 horas, un gran Baile de Reis. Actuará o grupo local Aires de Broña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.