Os cociñeiros Iván Domínguez e Moncho Méndez amosan as potencialidades da alta gastronomía coruñesa en Madrid Fusión coa presenza da comarca

23 Xaneiro 2023

 No stand institucional da Deputación da Coruña están presentes a Asociación de Profesionais do Percebe da Barca (Muxia), A Conserveira Ribeira), La Despensa D’Lujo (Coristanco), Costumes Galicia Empanada Artesá (Carballo), Queixería Galmesán (Arzúa) e Choiva Viños (viños da I.X.P. Betanzos e da I.X.P. Barbanza e Iria)

Produtos de todas as marcas presentes no stand da Deputación en Madrid Fusión integraron as receitas do showcooking a cargo dos cociñeiros coruñeses Iván Domínguez e Moncho Méndez. Tivo lugar esta tarde no restaurante Xeito!19’20” e estivo orientado especificamente para profesionais da distribución, prescriptores e prensa especializada.

Así, de A Conserveira (Ribeira) ofreceron navallas con pilpil, mexillóns con emulsión da súa allada e ensaladilla con ventresca e sardiñas. Os percebes da Asociación de Profesionais do Percebe da Barca (Muxía) e o queixo Galmesán (Arzúa) foron cociñados nun risotto de marisco, e as ‘alubias roxas’ de La Huerta D’Lujo (Coristanco) formaron parte dun guiso de ameixas, nun menú no que tamén se incluíron as empanadas de Costumes Galicia (Carballo). Choiva Viños achegou os tres viños que se degustaron: Cazapitas da I.X.P. Barbanza e Iria, e Xeixedo e Ribeiras de Armea, ambas da I.X.P. Betanzos.

A Deputación da Coruña, a través da área de Turismo, participa por vez primeira no congreso de alta gastronomía Madrid Fusión cun stand institucional e cunha acción de promoción paralela que busca amosar de xeito directo toda a potencialidade da cadea gastronómica que, baixo parámetros de calidade e sustentabilidade, se agrupan baixo o selo ‘A provincia que sabe’.

Neste sentido, o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira indica que “Madrid Fusión significa o primeiro gran evento do ano en que os produtos e os produtores, e en xeral toda a cadea de valor da gastronomía, da provincia da Coruña se destacan nun marco onde o produto gourmet e a alta cociña son o público exclusivo da feira”. O vicepresidente salientou que xa durante toda a primeira xornada o stand da Deputación foi constantemente visitado por restauradores e profesionais da distribución da cadea gourmet.

Outros artigos

Un terremoto en Oroso síntese en Muros e Noia na tarde do xoves

Un terremoto de magnitude 3.6 rexistrouse durante a tarde deste xoves 30 de novembro nas proximidades de Oroso, preto de Santiago e síntese en puntos da ría de Muros e Noia, segundo a información difundida polo Instituto Xeográfico Nacional .O epicentro situouse a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...