O PP de Outes di que o Concello acumula máis de 1.600 facturas sen pagar

16 Xaneiro 2023
Fachada do Consistorio de Outes

O grupo do Partido Popular no Concello de Outes emitiu este luns 16 de xaneiro un comunicado no que sostén que “o Goberno municipal acumula a día de hoxe máis de 1.600 facturas sen pagar por un importe que supera os 760.000 euros”, un dato, engade o grupo, “que sitúa ao municipio entre os concellos con peor período medio de pago a provedores da comarca”. Segundo o PP, a preocupación xerada por este feito foille trasladada por algúns provedores da Administración local, o que derivou en que os populares trasladasen a situación ao pleno municipal celebrado no mes de decembro, co fin de “coñecermos o motivo deste incremento no número de facturas que o concello ten sen pagar”.

Segundo explican, “o único que nos dixeron é que a responsabilidade é de que hai unha interventora nova” e “que existe un problema coa persoa responsábel dos temas administrativos do Concello”.

O grupo popular aproveitou tamén para incidir en que, “segundo os datos confirmados polo propio alcalde, das máis de 1.600 facturas pendentes de pago, máis de 1.300 corresponden ao servizo de luz do concello”. E engadiron: “Din que, neste apartado, o municipio xera máis de 200 facturas ao mes, o que nos leva a pensar que levamos máis de seis meses sen pagar a luz en Outes”.

A agrupación tamén criticou que haxa máis de 300 facturas relacionadas cos provedores locais. “Estamos a detectar que a xente non quere traballar para o Concello de Outes porque se estendeu a sensación de que é unha Administración que non paga, e o atraso no abono destas cantidades está a causar problemas económicos”, informaron os populares, apuntando que “hai xente que leva moito tempo esperando por un diñeiro que necesita no seu día a día. Estamos a falar de pequenas empresas ou autónomos aos que non se lles pagan traballos que hai tempo que realizaron”.

O Partido Popular de Outes demanda ao Gobierno local que “solucione este problema canto antes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...