O Parlamento galego recoñecerá o papel de Castelao como presidente do Consello de Galiza

29 Xaneiro 2023
Foto: Parlamento de Galicia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, anunciou este mediodía que a Cámara galega se dispón a organizar un acto de homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pola súa condición de presidente, no seu momento, do Consello de Galiza, atendendo a unha petición impulsada polo Partido Galeguista e outras entidades.

Santalices efectuou o anuncio este mediodía, no transcurso da conmemoración do 137 aniversario do nacemento de Castelao, convocada polo Partido Galeguista no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago, onde repousan os restos do ilustre rianxeiro.

A homenaxe proxectada é froito das conversas celebradas en datas recentes entre os tres grupos parlamentarios da Cámara galega.

Na súa intervención, Santalices recordou que Galicia vén de celebrar o 40 aniversario da súa autonomía, “catro décadas de éxito nas que acadamos cotas de estabilidade, crecemento e benestar nunca antes coñecidas”, aínda que “nada disto tería sido posible sen o labor dos nosos devanceiros, de galeguistas como Castelao, como Otero Pedrayo, como Risco, como Bóveda e como tantos e tantos outros”.

“A eles -proseguiu Santalices- debemos a semente de democracia e autogoberno  que finalmente, superada para sempre a longa noite de pedra, agromou e estendeu raiceiras vigorosas na terra nai”.

Presidente do Consello de Galiza

A xuízo do presidente do Parlamento, “Galicia está en débeda con todos eles, e moi especialmente con Castelao, como referente ético e pola súa condición de primeiro presidente do Consello de Galiza, constituído en Montevideo o 15 de novembro de 1944, como fideicomisario da vontade democrática de autogoberno truncada polo golpe de estado de 1936″.

Para o titular do Lexislativo autonómico, este recoñecemento resulta extensivo a cantos coma Castelao, traballaron a prol do autogoberno democrático galego, incluíndo os restantes fundadores do Consello de Galiza, todos deputados galegos exiliados daquela en Sudamérica: Antón Alonso Ríos, Elpidio Villaverde, Ramón Suárez Picallo e Alfredo Somoza, este último incorporado máis tarde, no ano 1947.

Foto: Parlamento de Galicia

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...