O BNG de Ribeira celebra os avances para a consecución da sede do Club de Remo e avisa que estará vixiante

19 Xaneiro 2023

O BNG celebra con certas reservas a recente publicación no Diario Oficial de Galiza (DOG) que anuncia a concesión da parcela de Portos ao Concello de Ribeira para construír a sede de deportes náuticos na que acoller ao Club de Remo.

Segundo o grupo municipal nacionalista este equipamento é unha necesidade urxente para os deportistas que practican remo xa que as instalacións actuais non reúnen os mínimos de seguridade nin de confortabilidade ao non dispoñer de auga quente, vestiarios, foso de adestramento, espazo para estudo, etc.

O portavoz do BNG Luís Pérez Barral e a concelleira Cruz Rivadulla Márquez, mostran a alegría de que “por fin parece que as cousas comecen a desbloquearse tras anos de xestión nefasta e de parálise nas que o Partido Popular andivo ás voltas facendo ata sete proxectos sen chegar a materializar ningún deles”. Barral asegura que “se Ribeira vai dispoñer dun equipamento destas características, vai ser grazas ao traballo e insistencia do propio Club de Remo e do BNG”.

A pesar do anuncio publicado no DOG, desde o BNG tamén mostran as súas reservas ao lembrar que este equipamento leva prometéndose desde o ano 2018 e asegurouse que ía estar finalizado en 2020. Ante a nefasta xestión e as promesas incumpridas, Pérez Barral advirte que non van consentir que o proxecto sexa un “anuncio electoral”. Neste sentido, avanzou que o BNG manterá a iniciativa plenaria que rexistraron coa proposta de crear unha comisión de seguimento que se reúna cada certo tempo para posibilitar a súa consecución no menor tempo posible. “Imos seguir traballando a carón do club para que sexa unha realidade máis pronto que tarde” concluíu.

—

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.