O BNG de Barbanza celebra o seu 40 aniversario

19 Xaneiro 2023

O BNG realizará un acto o venres 20 de xaneiro, ás 20:30h no Centro Social de Boiro para conmemorar os 40 anos da súa fundación. Corenta anos que segundo o responsábel do BNG na Barbanza, Luís Pérez Barral, “demostran que o BNG é un proxecto sólido, con raíces firmes e cargado de presente e de futuro”. No acto intervirán a deputada Rosana Pérez, o militante Santos Saborido, o autor do libro Manuel Anxo Baz e o presidente da Fundación Galiza Sempre Rubén Cela

Barral indicou que o Bloque celebra este 40 aniversario “en plena forma e disposto a saír a gañar para darlle un futuro mellor aos galegos e galegas”. Desde o BNG destacan que tras acadar un resultado histórico nas pasadas eleccións galegas o horizonte é dar unha alternativa real aos galegos e galegas nos concellos. “Sabemos que temos nese camiño que conseguir un reto importante que é que o BNG sexa a forza maioritaria dos galegos e das galegas coa que poidamos construír un país mellor” apuntou o responsábel comarcal.

“Quero dicirlle á xente moza que pelexa por un traballo digno, ás persoas maiores que non dan estirado máis a pensión, ás familias que non chegan a fin de mes, aos mariñeiros que loitan por cubrir custos; ás persoas autónomas que fan malabarismos para manter en pé os seus negocios, todos e todas poden contar co BNG para conseguir unha saída xusta e galega desta crise”, apuntou.

—

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.