
O Auditorio Municipal de Ribeira vai dar cabida nos dous últimos venres do mes de xaneiro a unha obra teatral e un concerto. Ambas accións recalan no noso municipio a través da Deputación da Coruña no marco do seu programa Inverno Cultural: serán con entrada gratuíta ata completar aforo, comezarán ás 21.15, abrindo as portas media hora antes de cada sesión.
A función teatral, que está prevista para o venres 20, titúlase 1888. Señorita Julia, de Estudo Momento, con Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto.
Pola súa banda, o concerto terá lugar o día 27 de xaneiro correrá a cargo de Bea a de Estrella co seu espectáculo Xira mareira.
Musical
A área de Cultura do Concello tamén lembra que este sábado 14 está prevista a celebración do musical A Casa das Cancións promovido pola compañía Mimarte Ribeira e a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Dará comezo ás 20 horas.




