Festivos da comarca e Galicia en 2023

01 Xaneiro 2023

O calendario laboral de 2023 contempla un total de 9 días festivos nacionais que se celebrarán de forma conxunta en toda España, aos que se suman catro de carácter autonómico e dous fixados polos concellos, entre os que destaca o Martes de Entroido, o luns de Pascua e o 16 de agosto, Día de San Roque.

En concreto, serán festa en toda España en 2023 o vindeiro venres 6 de xaneiro (Epifanía do Señor), o 7 de abril (Venres Santo), o luns 1 de Maio (Festa do Traballo), o martes 15 de agosto (Asunción da Virxe), o xoves 12 de outubro (Festa Nacional de España), o mércores 1 de novembro (Todos os Santos), o mércores 6 de decembro (Día da Constitución Española), o venres 8 de decembro (Inmaculada Concepción) e o 25 de decembro (Natividade do Señor).


Que días festivos haberá en Galicia no ano 2023? Existen outros festivos comúns que as comunidades autónomas poden desprazar a outro día. Así ocorreu co xoves 6 de abril (Xoves Santo), que será festivo en Galicia, onde tamén se mantén o venres 6 de xaneiro, Día de Reyes. A eles súmanse os dous festivos de carácter autonómica, que en 2023 serán o 17 de maio, Día dás Letras Galegas, e o 25 de Galicia, Día de Galicia.
Que días festivos haberá en Galicia no ano 2023?

Ademais, os concellos teñen a capacidade de decretar outros dous días de festa. A opción máis popular en Galicia é a do Martes de Entroido, que este ano cae no 21 de febreiro.

Calendario laboral 2023, días festivos y puentes en cada comunidad autónoma de España

FESTIVOS NA COMARCA

A Pobra: O Carme do Pincheiros 21 de agosto e O Nazareno 18 de setembro

Boiro: Martes de Entroido 21 de febreiro e Santa Cristina 24 de xullo

Rianxo: O Carmen 14 de xullo e A Guadalupe 15 de setembro

Ribeira: A Dorna 24 de xullo e Santa Uxía 12 de setembro

Dodro: Luns de Pascua 10 de abril e Festa de Laíño 11 de setembro

Rois: Luns A Pascua 10 de abril e San Isidro Labrador 15 de maio

Padrón: Luns de Pascua 10 de abril e San Xoán de Raio 6 de maio

Porto do Son: Luns de entroido 20 de febreiro e Virxe de Loreto 8 de setembro

Noia: San Marcos 24 de abril e San Bartolomé 24 de agosto

Lousame: San Marcos 24 de abril e San Lourenzo 10 de agosto

Serra de Outes: Mércores de Cinza 23 de febreiro e San Campio 29 de setembro

Muros: San Xoán 24 de xuño e San Pedro 29 de xuño

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.