Entidades en defensa do galego, do éuscaro e do catalán homenaxearon en Santiago a Castelao e a Rosalía

23 Xaneiro 2023

O panteón de galegos ilustres acolleu este domingo 22 de xaneiro un acto de recoñecemento da importancia de Castelao e de Rosalía na loita pola pluralidade lingüística e na defensa das linguas minorizadas do Estado, por parte de representantes de entidades en defensa do galego, do euscaro e do catalán, que reafirmaron a súa vontade de seguir traballando de xeito conxunto pola pluralidade e pola liberdade.

Participou, entre outros, Francesc Marco, secretario de Plataforma per la Llengua, quen lembrou que este ano celébrase o centenario do nacemento de Galeusca, salientando que “se temos historia, tamén temos futuro” e poñendo en valor o traballo desenvolvido ao longo dos últimos anos de xeito coordinado polas entidades do Estado, especialmente no relativo á nova lei do audiovisual. “É importante que as organizacións das linguas sexamos plenamente conscientes da realidade de hoxendía: dos novos cambios de hábitos de consumo, do papel do audiovisual e das pantallas, porque o catalán, o eúscaro e o galego son linguas que veñen de moi lonxe, que teñen moita historia e que han de ser tamén as linguas da modernidade, do presente e do futuro”, apuntou Marco.

Paul Bilbao Sarria, representante de Kontseilua, recordou a historia das “relacións trinacionais galaico-vasco-catalanas” e engadiu que “compartimos visións e proxectos e unimos forzas ante a visión monolingüe que existe no Estado e os seus diferentes poderes”. Bilbao salientou a unión das sociedades vasca, galega e catalá á hora de “reprobar as actuacións que está tendo o poder xudicial contra medidas favorábeis para a garantía dos nosos dereitos”

Pola súa banda, Marcos Maceira Eiras, presidente da Mesa pola Normalización Lingüísitica, incidiu na celebración do centenario do primeiro Galeusca, o acordo tripartito entre entidades culturais e políticas de Galiza, Euskal Herria e os Paises Cataláns, que terá lugar este ano 2023. “Hoxe, diante de Rosalía e de Castelao, exemplos e referencias de compromiso activo coa plena normalización da súa lingua nas circunstancias máis difíceis”, afirmou Maceira, “renovamos a vontade de mantermos a colaboración recíproca entre as entidades de defensa das linguas dos 3 países”.

Despois das intervencións musicais de Uxía e Os Trinquetes, Lucía Barreiro pechou o acto destacando a referencia na loita polas linguas de Rosalía e Castelao e a transcendencia até a actualidade da alianza entre os pobos galego, vasco e catalán para conseguir mudanzas significativas no Estado que contribúan á normalización das linguas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...