Os axentes de Ribeira informaron de que na noite deste martes foi detido un individuo de 37 anos que intentou atracar un estanco na rúa Sálvora en Aguiño.
Segundo datos proporcionados pola Policía Local, o home rompeu o cristal da porta cunha barra de ferro e intentou acceder ó interior do establecemento contra as once da noite. Tras ser increpado por varios clientes e pola dona dun bar próximo, abandonou o lugar en dirección Ribeira.
Menos dunha hora despois, o individuo é interceptado na rúa Rosalía de Castro por parte da Policía Local quen procede á súa detención e posterior traslado á Comisaría da Policía Nacional.




