A cultura galega lembra a Valle-Inclán e a Díaz Pardo co gallo do aniversario dos seus pasamentos

05 Xaneiro 2023

Este xoves 5 de xaneiro o Cemiterio de Boisaca en Santiago acolleu a tradicional ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán na ofrenda floral, acto solemne que serviu para para conmemorar, este ano, o 87 aniversario do ilustre intelectual tan fortemente vencellado á Pobra do Caramiñal. Durante o acto tamén se lembrou a Isaac Díaz Pardo, finado o 5 de xaneiro de 2012 e tamén soterrado no cemiterio compostelán, “onde repousan tamén dous dos últimos autores homenaxeados no día das Letras Galegas, Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero”, sinalou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, que estivo acompañado dunha ampla representación institucional, da cultura e familiares do homenaxeado. Rodríguez puxo en valor a ambos intelectuais como figuras de extraordinaria relevancia no século XX e destacou, ademais do seu talento e traballo, a fonda pegada humana que deixaron.

O acto celebrase desde 1986 e contou coa presenza de representantes da Xunta, os concellos de Santiago, Vilanova e Cambados e tamén con Xaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.