CONGALSA participa nunha xornada sobre dixitalización da industria alimentaria galega

19 Xaneiro 2023

Os fondos europeos NextGenerationEU, que darán impulso á transformación dixital do sector alimentario en Galicia, centraron parte da xornada organizada este xoves 19 de xaneiro por Siemens e a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (CLUSAGA) no Edificio FEUGA de Santiago. Estas axudas europeas, segundo explicou Xosé Ramón Vázquez, responsábel da oficina técnica Next Generation Galicia Food en CLUSAGA, supoñen “un investimento público que fomenta o desenvolvemento, a transformación dixital e a modernización do sector”. A cita contou tamén coa participación directa de CONGALSA, empresa da Pobra referencial no ámbito dos produtos do mar e, tamén, en procesos de transformación.

Siemens acudiu á xornada logo de ter presentado as súas tecnoloxías máis innovadoras na recente convocatoria do PERTE, como o seu Xemelgo Dixital, a súa Automatización Avanzada, as súas contribucións á Intelixencia Artificial e as súas novas solucións en materia de rastrexabilidade (trazabilidade) con sistemas MES e tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain). Estes recursos “están enfocados cara a unha fabricación máis competitiva, que asegure o control e a monitoraxe dos produtos e reduza o impacto ambiental dos procesos”, segundo explicaron Manuel Cadenas, de Siemens Digital Industries, e Sergio Ballesteros, de Siemens Digital Industries Software.

O evento foi inaugurado por Roberto Alonso, director de CLUSAGA, que destacou “o reto da transformación dixital e a Industria 4.0 como desafío estratéxico para o sector alimentario galego”; e polo director rexional de Siemens en Galicia, Óscar Brea, que explicou a capacidade de consultoría industrial de Siemens Advanta.

A xornada tamén incluíu unha mesa redonda na que CONGALSA, CEAMSA e Grupo Leche Río (este último, representada a través da consultora Medrar), debullaron os seus principais retos e obxectivos e describiron como se están a apoiar na dixitalización para abordar a súa transformación tecnolóxica. Na charla tamén se trataron aspectos cruciais para a industria agroalimentaria como a ciberseguridade ou o papel que debe xogar o talento dixital.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.