Comeza na área sanitaria de Santiago e Barbanza un programa piloto de xestión das baixas derivadas da atención hospitalaria

06 Xaneiro 2023

A Consellería de Sanidade desenvolve un programa piloto na área sanitaria de Santiago e Barbanza, para evitar que a cidadanía teña que acudir ao seu médico de familia no centro de saúde para tramitar o seu parte de incapacidade temporal laboral.
Tal e como anunciou no Parlamento de Galicia, o pasado 4 de outubro, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o Servizo Galego de Saúde está a deseñar un sistema que xestione as baixas derivadas dunha atención hospitalaria, co obxectivo de evitar ao paciente e ao persoal de atención primaria citas para tramitar unha baixa, cando vén indicada polo propio persoal hospitalario, tras unha intervención ou atención urxente.
Trátase dunha medida máis para acadar unha xestión eficiente dos servizos sanitarios.
O programa piloto se desenvolve nos servizos de Traumatoloxía e Uroloxía do Hospital Universitario de Santiago de Compostela. Os pacientes que acudan ao servizo de Traumatoloxía de xeito urxente, ou aqueles que teñan un ingreso ou cirurxía programada en Uroloxía, se lles tramitará o parte de baixa no hospital. Para elo, é necesario adecuar o aplicativo para a xestión dos partes de baixas, de maneira que estea dispoñible tamén en Ianus (historia clínica electrónica). Por outra banda, estase a formar xa aos profesionais para o manexo desta nova ferramenta nos hospitais.
Unha vez rematado o programa piloto, os seus resultados avaliaranse co obxectivo de estendelo ao resto das áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como a outras especialidades.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión