
O Palacio de Capitanía Xeral da Coruña acolleu este Día de Reis a celebración da Pascua Militar. Foi presidida polo xeneral Juan Francisco Arrazola Martínez, representante institucional das Forzas Armadas, quen ostentou a representación de S.M. o Rey.
O acto comezou coa rendición de honras á autoridade que presidía na Praza da Constitución. A continuación, tivo lugar unha recepción no Salón do Trono durante a cal se impuxeron diversas condecoracións ao persoal civil e militar dos Exércitos, a Armada e a Garda Civil que se fixo acredor ás mesmas. Posteriormente, o xeneral Arrazola felicitou a Pascua Militar en nome de S.M o Rey a todos os xefes militares das Forzas Armadas e a Garda Civil asistentes.
Entre as autoridades civís que asistiron ao acto cabe citar: Alfonso Rueda Valenzuela (Presidente da Xunta de Galicia), Diego Calvo Pouso (Vicepresidente 2º e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes), José María Díaz e Gómez Castroverde (Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), Fernando Suanzes Pérez (Fiscal Superior de Galicia) e María Rivas López (Subdelegada do Goberno na Coruña).
Entre as autoridades militares presentes cabe destacar: xeneral Miguel Ángel González Arias (Xefe da 15ª Zona da Garda Civil, xeral Manuel García Ortiz (Comandante da Forza de Protección da Armada), coronel Antonio Bernal Martín (Delegado de Defensa en Galicia), coronel José Manuel Siaba Portela (Comandante Militar) e coronel Miguel Ángel Paredes Martin (Comandante Militar Aéreo).




