ADISBISMUR e a ANPA Río Tines encheron Outes de elementos sustentábeis e artesanais de decoración de Nadal

05 Xaneiro 2023

A Asociación ADISBISMUR (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros), que vén de celebrar as súas catro décadas de traballo a prol da inclusión e a integración nos concellos da contorna muradá e noiesa, entre outros, desenvolveu este ano un importante traballo de decoración artesanal e creativa en Outes.

En virtude disto, A Serra e outros núcleos luciron as súas mellores galas para celebrar o Nadal grazas aos adobíos e luces elaborados polos membros da dita asociación. P

ara facelos e engalanar con eles as rúas do concello contaron coa axuda dun grupo de familias colaboradoras da ANPA Río Tines, do CEIPP de Outes.

Os elementos decorativos despregados, amais do seu importante valor estético, destacaron este Nadal polo elemento sustentábel posto en xogo, alén da súa vertente solidaria e integradora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...