Activada para o martes alerta vermella por temporal costeiro no litoral da Coruña. ‘Fien’ provocará este martes un descenso acusado de temperaturas

16 Xaneiro 2023

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar para mañá unha alerta vermella por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña.  

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello comezará a media tarde da xornada de mañá na costa oeste e noroeste da Coruña. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 9 metros. Cómpre lembrar que xa na xornada de hoxe se está a rexistrar en todo o litoral galego un fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa que continuará mañá, con ondas de ata 8 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

A alerta por temporal costeiro súmase á laranxa por nevaradas que xa foi tamén activada para mañá nas zonas de montaña das provincias de Lugo e Ourense, e á amarela no interior da Coruña; na Mariña lucense e no centro e sur de Lugo; nas zonas do noroeste, sur e Valdeorras e no interior da provincia de Pontevedra. Por este motivo, lémbrase que se suspende o transporte escolar toda a xornada do martes nas montañas de Lugo e Ourense e durante a tarde nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.