Aberto o prazo para solicitar ás axudas da Deputación para contratar persoal técnico en cultura

30 Xaneiro 2023

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña destina neste exercicio 770.000 euros á liña de axudas para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro.

A subvención destinarase ao mantemento ou creación de postos de traballo de técnicos e técnicas en animación sociocultural ou en xestión cultural. As axudas a conceder terán un máximo de 15.000 euros, no caso do persoal técnico en xestión cultural, e de 10.000 euros, no caso do persoal técnico en animación sociocultural.

 “Contribuír á profesionalización dos departamentos de cultura nos concellos, promover boas prácticas, e fomentar as programacións culturais estables é a finalidade desta convocatoria que, pensamos, resulta indispensables para achegar a cultura de calidade a toda cidadanía” asegura o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesíbel dende a sede electrónica da Deputación.

As bases están publicadas do Boletín Oficial da Provincia do 30 de xaneiro.

O deputado Xurxo Couto

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.