A Mancomunidade Barbanza-Arousa presentou en FITUR 2023 o novo audiovisual

18 Xaneiro 2023

A Mancomunidade Barbanza Arousa presentou este mércores 18 xaneiro, no marco de FITUR 2023, un novo audiovisual que nos traslada ás vivencias que o destino ofrece aos seus visitantes.
Na pasada edición deste evento turístico presentábase ao público unha guía na que se recollían centos de propostas para gozar de Barbanza Arousa a través do deseño de experiencias e a súa posta a disposición no mercado a través de axencias de viaxes.
Este ano, buscouse transmitir ao público unha historia a través da que vivir e descubrir Barbanza Arousa, mostrando pinceladas do que unha estancia no territorio pode achegar aos turistas que así queiran gozalo.
Apélase ás emocións por vivir e experimentar no destino durante todo o ano, facendo fincapé no valor das empresas e actividades locais, fundamentais para o gozar do visitante.
Así mesmo, esta nova edición de FITUR serviu para comunicar a concesión dun Plan de Sustentabilidade
Turística que baixo o título “Viaxe a través dos sabores” supoñerá un impulso definitivo á promoción e comercialización do destino, definíndose como un destino no que a enogastronomía é o eixo central dos seus atractivos.
A presentación iniciouse da man da xerente da Mancomunidade, Dna. Fátima Cachafeiro, que fixo fincapé nas inmensas posibilidades que ofrece o territorio ao longo dos 365 días do ano. A continuación, proxectouse este innovador audiovisual polo seu carácter cinematográfico, que espertou o interese absoluto do público asistente.
O acto continuou coa intervención de D. José Ramón Romero, presidente da Mancomunidade, D. Antonio Leira, deputado provincial da Coruña, que destacou a importancia de conseguir a implicación do tecido empresarial na estratexia turística. A continuación, realizou a súa intervención D. Gonzalo Trenor, delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, na que remarcou que o territorio posúe “unha oferta rica, variada e integrada, adaptada ás esixencias do turista”. O acto foi pechado por Dna. Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, que coas súas palabras quixo remarcar que o plan de sustentabilidade de Barbanza Arousa foi un exemplo para imitar, sendo o mellor valorado e presentado desta última convocatoria.
A participación da Mancomunidade Barbanza Arousa en FITUR 2023 continuou cunha importante axenda de reunións con operadores turísticos, seguindo coa estratexia xa iniciada o pasado ano coa venda de experiencias e paquetes turísticos en territorio nacional e en Portugal.
Así mesmo, este foro que reúne a profesionais do sector turístico de todo o mundo, permitiu o establecemento de sinerxias con outras entidades públicas a través de proxectos de alto valor engadido e potenciación conxunta das marcas individuais de cada un.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.