A Deputación e AGALURE organizan unha xornada sobre a adicción aos videoxogos

19 Xaneiro 2023

A Deputación da Coruña organiza xunto a AGALURE unha actividade de divulgación e sensibilización para fomentar o uso responsábel, racional e seguro das novas ferramentas e produtos de lecer dixital. Trátase da xornada Videoxogos como adicción. Como detectar, tratar e previr a adicción os videoxogos, que se celebra este venres 20 de xaneiro na sala Juanjo Gallo da sede central do organismo provincial.

A actividade responde ao interese compartido polas entidades organizadoras a prol dun “uso racional das novas tecnoloxías e no perigo real do abuso nos videoxogos”. E engaden: “Cada ano aumentan os casos de menores que pasan moitas horas diante dunha pantalla polo que este tipo de accións deben servir para visibilizar o problema e poñer as ferramentas necesarias para previlo e abordalo”.

Ás 10.00 horas celebrarase a presentación das xornadas e o relatorio de Daniel Loren, gamer e experto en videoxogos, que expoñerá o relatorio Rumbo á adición e o estado actual da industria do videoxogo e a súa influencia no usuario.

Sobre ás 11.00 horas comezará o relatorio de Ana Estévez, profesora do departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicológico da Universidade de Deusto, que explicará A fronteira entre o trastorno de azar e a adicción aos videoxogos. Tras unha pausa para o xantar, Ramón Peña, formador do Plan Director da Garda Civil de Lugo, comezará a súa exposición sobre a historia e prevención destas novas adiccións.

E finalmente, Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e profesor da área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC, falará do Impacto das TRIC na adolescencia.

A Deputación da Coruña puxo en marcha iniciativas nos últimos anos, conxuntamente con AGALURE, para abordar as adiccións sen substancia coma a dos xogos de azar tratando de chegar directamente ao público obxectivo, á mocidade, a través de charlas en centros educativos e das canles de comunicación que máis empregan. “A adicción aos videoxogos afecta a menores na súa grande medida e o tempo de latencia para adquirir a dependencia é moi inferior que no pasado”, sinalan dende as dúas entidades.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.