A Audiencia da Coruña, en aplicación da nova lei, rebaixa en seis meses a pena de cárcere a un pai que abusou da súa filla

25 Xaneiro 2023

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, en aplicación da nova lei, rebaixou de 11 anos a 10 anos e medio de cárcere a pena imposta a un condenado por abusar sexualmente, de forma continuada, da súa filla menor de idade. O tribunal explica no auto que na actualidade o marco punitivo da conduta do condenado é “lixeiramente máis beneficioso”, polo que acordou que procede a revisión da pena imposta.

Noutro auto, a sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña rexeitou revisar a condena de cinco anos e medio de prisión imposta a un pai por abusar da súa filla menor de idade. Neste caso, segundo indican os maxistrados, “a nova regulación non resulta máis favorable, senón, ao contrario, a conduta estaría máis gravemente sancionada porque a pena prevista oscilaría entre os 7 e os 15 anos”, con arranxo ao artigo 180.1 do a nova lei, pois salientan que concorre a circunstancia 5ª, é dicir, que para a execución do delito, “a persoa responsable se prevalecese dunha situación de convivencia ou parentesco, por ser ascendente, ou irmán, por natureza ou adopción, ou afíns, ou dunha relación de superioridade coa vítima”. Ademais, a Audiencia destaca que no caso axuizado se trata dun delito continuado.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.