Un incendio calcina unha vivenda da Pobra frecuentada por un okupa

16 Decembro 2022
Dotación de bombeiros do @cciacoruna con base en Riveira e Boiro interviron en incendio de vivenda no Concello da Pobra, xunto Protección P Civil Pobra e Garda Civil Boiro.

Un incendio que comezou despois da medianoite deste xoves calcinou por completo o interior dunha vivenda situada na rúa Díaz de Rábago da vila pobrense. Parece que o inmoble era frecuentado por un okupa, pero os bombeiros non atoparon a ninguén no interior, a pesar de rexistrar minuciosamente cada estancia.

Nas tarefas de extinción participaron bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro, que contaron coa colaboración de Protección Civil da Pobra. Cando chegaron ao lugar do suceso, as chamas saían pola porta e as xanelas, estendéndose con virulencia polo interior da vivenda, con teitos e pisos de madeira. Os bombeiros tiveron que romper parte do tellado para sufocar o lume axudándose dunha escaleira.
Tanto durante as tarefas de extinción como despois de que o incendio quedase controlado os integrantes do dispositivo de emerxencias rastrexaron as distintas estancias do inmoble, sen atopar a ninguén no interior. Se descoñecen de momento as causas que orixinaron o lume.

Dotación de bombeiros do @cciacoruna con base en Riveira e Boiro interviron en incendio de vivenda no Concello da Pobra, xunto Protección P Civil Pobra e Garda Civil Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.