Sanidade retira tres medicamentos (Isohes, o Volulyte e o Voluven) que podían causar a morte de certos enfermos

05 Decembro 2022


Novos medicamentos van ser completamente retirados do mercado e dos tratamentos. Así o anunciou a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), dependente do ministerio de Sanidade. Será a partir do próximo 15 de decembro cando se verá suspendida a venda daqueles medicamentos que conteñen hidroxietil-amidón.

Esta substancia é un expansor plasmático para o tratamento da hipovolemia que pode causarse tras unha hemorraxia aguda, sendo administrado principalmente en pacientes que perderon sangue tras unha lesión ou unha cirurxía. Adoita utilizarse cando o tratamento con cristaloides non é suficiente.

A retirada farase en toda a Unión e son tres os medicamentos que a partir do día 15 terán prohibida a súa venda, o Isohes, o Volulyte e o Voluven. A AEMPS asegura, ademais, que aquelas existencias que sigan dispoñibles en centros sanitarios poderán devolverse aos laboratorios por medio das canles habituais, xa que desde o día anunciado non poderán utilizarse.

O Comité para a Avaliación de Riscos en Farmacovigilancia Europeo (PRAC), da Axencia Europea de Medicamentos, advertía a comezos de ano de que estes fármacos tiñan grandes riscos, desde danos renais ata a morte, nalgúns pacientes. Así, en maio a recomendación do PRAC foi aceptada pola Comisión Europea, que ordenou a retirada dos tres fármacos en todos os seus países membros.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.