Política Lingüística convoca a edición 2022-23 do certame audiovisual Nós tamén creamos!

05 Decembro 2022

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (Consellería de Cultura e Educación) convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso 2022/2023. O certame diríxese a distinguir as mellores creacións audiovisuais de animación en galego do ámbito escolar para o presente ano académico.

Premios

Establécense tres categorías, con cadanseu galardón.

Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil

Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria

Ademais, poderá concederse, a xuízo da comisión de selección, un accésit para cada categoría.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20h para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de accésit.

Os colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego durante o curso 2022-2023, para poder acceder aos álbums ilustrados sen necesidade de manipulalos, de ser preciso.

Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os demais centros de titularidade pública, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia rematará o día 1 de febreiro de 2023. A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de maio de 2022.

Aprender e ensinar innovando
A iniciativa Nós tamén creamos! é un programa de dinamización lingüística que consiste na elaboración nas aulas de curtas de animación en galego coa técnica stop-motion partindo de narracións literarias, un labor para o que o profesorado recibe materiais e formación no marco do Plan Proxecta, a iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para fomentar a innovación educativa e o traballo en rede e do alumnado e do profesorado.
Neste contexto, o certame de curtas promove, en palabras das entidades organizadoras, “xeitos cada vez máis efectivos de aprendizaxe de linguas e consegue unha relación positiva dos rapaces co idioma propio de Galicia, ao relacionalo co audiovisual e coas TIC, as novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación”.

As curtas gañadoras están dispoñíbeis no Portal da Lingua de Política Lingüística.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.