O portavoz do Partido Popular da Pobra, Manuel Durán expresou o seu total apoio á entidade deportiva ante a situación na que se atopa «debido á incompetencia e sobre todo falta de responsabilidade» do executivo pobrense.
Durán destacou que o PP prestará todo o seu apoio ao club nesta etapa complexa “á que foron abocadas unhas persoas que traballan voluntariamente para levar a cabo unha actividade que implica a moitos mozos e veteranos, e que levan anos cultivando bos resultados”.
Manuel Durán criticou que o alcalde Piñeiro e o executivo local “non asuman responsabilidades. Non poden facer coma se aquí non pasase nada”. Tamén que “a incompetencia e incapacidade do alcalde, equipo de goberno, PSOE e BNG, polo noso municipio e, en concreto, polo deporte, ata o de agora non só causou prexuízos ao Club de Remo Poboa, senón tamén a todos os veciños que tivemos que facer fronte aos 15.812 euros que nos custou, e que por solidariedade haberá que de novo achegar o diñeiro necesario para regularizar esta situación”.
Por último, o portavoz dos populares da Pobrasalientou que basta de escusarse e de culpar aos demais, alguén debe dunha vez por todas asumir as responsabilidades e dimitir.




