“(Non) carril bici” – Xulio Xiz

19 Decembro 2022

Desde a miña fiestra ollo un bo anaco de rúa modificada substancialmente coa supresión de aparcamentos por un (non) carril bici para bicicletas do futuro. Leva meses construído – vin unha vez un ciclista – pero tomámolo a broma, e raro é o momento en que non se aproveita para outros fins. Intuímos que é un carril bici porque cada poucos metros tiña pintado un ciclista.

Pero unha noite observo que xa non están eses sinais, senón outro símbolo, que primeiro coidei fose unha árbore frondosa pintada encima, co que podería pensarse que alguén opinaba que mellor era nesa vía plantar árbores ca inventar ciclistas. Pero unha visita ao lugar permitiume ver que os ciclistas foran tapados con brochazos de pintura para ocultar o símbolo que se pretendía para a rúa.

Non se sabe se alguén tomou a xustiza pola man e decidiu que non tiña sentido unha vía vergonzante, que despois de expropiala aos habitantes da zona ninguén utilizaba, aínda que a violencia artística non solucione nada. Hai tamén a posibilidade de que os tachóns os fixera persoal do concello porque alguén con mando decidise facer “borrón e conta nova” do desastre, en tanto cavilan que facer co que xa non ten remedio.

Cábenos o triste consolo de que están peor na ronda dos Deportes que para coexistencia entre os xeitos de circular, teñen en paralelo beira-rúa, carril bici e aparcamento, nunha toleada circulatoria que obriga a advertir aos que aparcan o coche que coiden ao abrir a porta de non cargarse algún ciclista (que non hai).

Por se acaso, de cando en cando, asómome á fiestra por se vexo algún sinal de vida no que coidamos segue a ser un (non) carril bici.

Outros artigos

O Goberno de Ribeira reúnese coa veciñanza de Castiñeiras

O equipo de Goberno local de Ribeira mantivo este martes 28 de novembro unha reunión coa veciñanza na Casa da Cultura deCastiñeiras na que se abordaron distintos temas que afectan aos residentes da parroquia. Durante o encontro abordáronse cuestións relativas ás...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...