Morre Nélida Piñón, filla de emigrantes galegos e símbolo da literatura brasileira

17 Decembro 2022

A escritora e académica Nélida Piñón morría este sábado en Lisboa aos 85 anos. Nada en Río de Xaneiro en 1937, tiña formación en xornalismo e era recoñecida como unha das escritoras máis prestixiosas en lingua portuguesa.

En 2015 Nélida Piñón recibía un diagnóstico oncolóxico que a levaba a unha escrita de despedida no seu último libro, Uma furtiva lágrima. Nel deixou gravado: “Gardo Galiza no nicho da memoria”, como xa retratara nunha das súas obras máis recoñecidas, A República dos soños, unha estampa do éxodo masivo dos emigrantes galegos a Latinoamérica. 

Nélida faleceu con 85 anos en Lisboa, despois de ser a primeira muller que presidiu a Academia Brasileira de Letras. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias en 2005 e en 2014 foi elixida académica de honra das nosas letras.

Hai pouco recibía a nacionalidade española pola orixe galega da súa familia.

Ocupaba no Brasil a cadeira 30 da Academia das Letras. As súas novelas son unha permanente vindicación da memoria e dos soños. Autora de 25 libros, incluían novelas, contos ensaios e memorias, foi a primeira brasileira que recibiu os principais premios da literautra iberoamericana, como o Juan Rulfo ou o Menéndez Pelayo.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.