Manuel Ruiz loou en Ribeira o labor do voluntariado no seu Día Internacional

07 Decembro 2022

O pasado luns 5 de decembro celebrouse o Día Internacional do Voluntariado e con tal motivo un grupo de voluntarias e voluntarias da contorna de Ribeira déronse cita por iniciativa do Concello e participaron nun pequeno ágape no Restaurante Xardín.

Alí o alcalde Manuel Ruiz salientou o excelente labor que fai o voluntariado a nivel local axudando aos demais ao tempo que desfrutan deste desinteresado traballo.

No evento, no que tamén estivo a concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, déronse cita arredor de medio cento de persoas, entre voluntarios do programa local de voluntariado, de Protección civil, no programa de alfabetización de persoas inmigrantes no IES Nº1, voluntarios en accións a prol de Ucraína, así como representantes de diversas organizacións benéficas e humanitarias radicadas no noso municipio.

Ao longo do ano, estes e outros veciños efectúan accións tales como:

  • Apoio nas actividades maiores e pequenos/as
  • Alfabetización para persoas Inmigrantes,
  • Acompañamento de enfermos e persoas maiores
  • Colaboración no programa de Almorzos Solidarios e reparto de alimentación as persoas en situación de vulnerabilidade.
  • Acompañamento a citas médicas a persoas sen apoios familiares
  • Colaboración nas actividades e competicións deportivas,
  • Colaboración con asociacións e institucións nas súas actividades…
  • Acollida, apoio, acompañamento e colaboración prestada as persoas refuxiadas pola guerra de Ucraína,
  • Accións de emerxencia social, colaboracións e apoio ás actividades comunitarias da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Outros artigos

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...