Máis de medio cento de persoas participaron na Casa da Cultura de Outes nun novo relatorio das Xornadas de Información Sociosanitaria

16 Decembro 2022

A Casa da Cultura de Outes acolleu unha nova conferencia de divulgación abeirada ás XVII Xornadas de Información Sociosanitaria e ás segundas Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes (Cuarto Ciclo da USC), que se celebran entre outubro de 2022 e maio do ano que vén. A cita foi este xoves (quinta feira) 16 de decembro pola tarde. O tema a tratar foi a vacinación do papiloma en varóns e a poliomielite e o síndrome postpolio. O relatorio veu da man do doutor Ángel Lado Llerena, médico de Atención Primaria de Outes. O ciclo está a ser coordinado por Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

A conferencia Vacinación do papiloma en varóns e a poliomielite e o síndrome postpolio desenvolveuse no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 50 persoas.

A coordinación correu a cargo do Dr. Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes. Ao final do acto, o relator foi agasallado con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 26 de xaneiro de 2022, baixo o título O tratamento que fai a prensa do tema sanitario impartida por María Obelleira Hermida, licenciada en Xornalismo pola USC e Graduada en Educación Primaria e directora do xornal Nós Diario. A cita será novamente na Casa da Cultura da Serra de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...