Os sanitarios acordaron conceder un prazo dun mes á Xerencia da área Sanitaria de Santiago – O Barbanza para que resolva a situación de falta de persoal que derivou nun conflito polas gardas no Hospital da Barbanza. Os médicos quéixanse de que “en sete anos non se fixo nada” pero móstranse dispostos a dialogar coa Xerencia, coa que houbo contacto esta mañá.
Os profesionais explican que o persoal é “correcta” no CHUS pero o cadro de persoal é “insuficiente” no Hospital do Barbanza, dado que hai polo menos un médico exento de facer gardas, o que obriga a cubrilas con médicos composteláns, que están a máis dunha hora en coche.
Lembramos que o pasado xoves, tal como recollemos en “obarbanza.gal”, dimiteu o xefe de xinecoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), Manuel Macía despois de que a xerencia “continúe impoñendo a xinecólogos do Clínico a realización de gardas no Barbanza durante anos”, segundo indicou a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CEMS) nun comunicado.
Os xinecólogos mandan unha mensaxe de tranquilidade no referido ao seu labor diario -que din suponlles unha carga que poden asumir- pero insisten en que as gardas coas que non hai persoal suficiente para cubrir as urxencias mediante o sistema actual de gardas en Ribeira, centro que debería ter, entenden, sete especialistas dispostos a cubrir gardas e non seis, como agora.
De fondo, este conflito ten a mesma raíz que case todos os que están a golpear ao SERGAS hai anos. A incapacidade de fixar persoal nun cadro de persoal cada vez máis envellecido.
