Os Ecoloxistas en Acción piden á Xunta que actúe a prohiba a manchea de competicións programadas de caza de raposo

21 Decembro 2022

A caza organizada (e premiada) do repaso nin pode ser considerada deporte nin debe estar permitida. Esta é a base do comunicado que veñen de emitir dende a Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza acerca da vindeira (e máis que completa) axenda de competicións de caza de raposo previstas para este ano que está a piques de comezar, un calendario que se asenta sobre a morte de animais e sobre os máis que dubidosos (dende calquera punto de vista, moral, ético, medio ambiental, deportivo, cultural, social) recoñecementos preparados para quen asasine máis e mellor.

En base a todo isto, a entidade pide á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia que prohiba todas as competicións cinexéticas de caza de raposos, e que impida a celebración dos campionatos oficiais e sociais, copas, supercopa e demais probas previstas para o ano 2023, que xa comezan o 7 de xaneiro.

Lembran que “medra a oposición social á caza dunha especie de gran valor ecolóxico” e que a especie “presta múltiples servizos ecosistémicos”, xa que “sabemos que o raposo é máis necesario no campo que nunca por ser o antídoto para evitar o contaxio e expansión, entre outras, da enfermidade vírica do coello e a de Lyme nas persoas”. A maiores, a partir do día 6 de xaneiro moitas femias do raposo están xa preñadas (a finais de decembro comeza o celo nelas, iníciase entón a súa época de máxima sensibilidade, e tamén da máxima concentración de competicións de caza de raposo”. Por se todo isto fose pouco, indican que a contaminación por chumbo da municición utilizada polos cazadores continua a ser un problema para moitas especies, incluída a nosa. A maiores, indican que os campionatos perpetúan a idea de que os raposos son unhas alimañas ás que hai que controlar. “Ademais”, din, “resulta anacrónico que se organice un campionato para ver quen mata máis en menos tempo, cando os coñecementos, necesidades e valores da sociedade actual esixen comportamentos de conservación e máis éticos.

O calendario de competicións, composto por múltiples probas na xeografía galega (Campionato provincial da Coruña, Campionato provincial de Lugo, Campionato provincial de Ourense, Campionato provincial de Pontevedra, Campionato galego, Copa España, Copa Provincial de Lugo), motivo esta reclamación concreta dos colectivos ecoloxistas: “Que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia prohiba todas as competicións cinexéticas de caza de raposos, e impida a celebración de campionatos oficiais e sociais, copas, supercopa e demais probas previstas para o ano 2023”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.