Conclúen os encontros entre o Papá Noel e escolares da Pobra

21 Decembro 2022

Despois de tres intensos días en que o Papá Noel se reuniu coas crianzas da Pobra do Caramiñal,
pon fin á xira para se afanar cos últimos detalles antes de comeza-lo seu periplo polos fogares para deixa-los agasallos do Nadal.
Os encontros cos centros educativos da infantil e da primaria desenvolvéronse do día 19 ao 21 de decembro, no teatro cine Elma. Por alí pasaron preto de 500 escolares do CEP Salustiano Rey Eiras, do CEP Pilar Maestú Sierra, da E.E.I. Fernández Varela, do Monte Carmelo e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.
Tiveron así a ocasión de conversaren, transmitirlle os seus últimos encargos e asistir a sesións de contacontos, ademais de sacar fotos para o recordo.
Esta proposta enmárcase na programación impulsada para estas datas por parte da Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.