Comenzou a campaña de descontos “AmaRibeira” 

10 Decembro 2022

Desde a medianoite do sábado 10 de decembro a veciñanza do municipio ten a oportunidade de beneficiarse da segunda fase da campaña de descontos de Amaribeira, que pon a disposición un total de 8.500 bonos de desconto de 30 euros que se poderán utilizar o 31 de xaneiro de 2023. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e o presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez, presentaron esta iniciativa dirixida a estimular a actividade no comercio e a hostalería local durante este Nadal.
O alcalde fixo balance do magnífico resultado acadado por iniciativa o ano pasado, na que foron 6.666 os bonos ofrecidos, que se traduciron en 158.000 euros aportados polo Concello e xeraron un volume de negocio superior aos 750.000 euros: a razón de 4,5 euros por cada euro de desconto.
Extrapolado á edición actual, na que a partida destinada é de 255.000 euros (55000 máis que en 2021), isto podería implicar que a campaña Amaribeira podería mover a nivel local en torno a 1,2 millóns de euros, sendo os beneficiarios aproximadamente un terzo da poboación de calquera idade.
A mecánica para utilizar os bonos e similar ao ano pasado: cada usuario disporá dun saldo de 30 € para a realización do desconto nas compras; ditos descontos serán de 10 € por cada 30 € de compra mínima, ata un máximo de 30 € de desconto por persoa usuaria do bono QR.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...