Citados nos hospitais da Barbanza, Santiago e Cee os nenos e nenas para recibir a segunda dose da vacina da gripe en hospitais

13 Decembro 2022

A Xunta citará a partir de mañá, 14 de decembro, aos nenos e nenas de entre 5 e 59 meses que se vacinaron da gripe, para a administración da segunda dose desta vacina. Así, enviaranse citacións por SMS indicando o día e a hora para acudir ao mesmo centro onde recibiron a primeira dose.

A poboación pediátrica de Santiago que se vacinou dentro do programa piloto será citada a partir de mañá, 14 de decembro, para o sábado, 17 de decembro, pola tarde, ou para o domingo, 18 de decembro, en horario de mañá, no servizo de pediatría do Complexo Universitario de Santiago de Compostela

Ao resto dos nenos e nenas que recibiron a vacina unha semana mais tarde noutras áreas sanitarias, se lles enviarán SMS o martes, 20 de decembro, para ser citados entre o 23 e o 27 de decembro, dependendo da área sanitaria á que pertencen, coa seguinte previsión:

CEE, FERROL, O BARCO E VERÍN: venres, 23 de decembro, en horario de tarde.

A MARIÑA, MONFORTE, BARBANZA, O SALNÉS, SANTIAGO, OURENSE, PONTEVEDRA E LUGO: venres, 23 de decembro e luns, 26 de decembro, en horario de tarde.

CORUÑA E VIGO: venres 23 de decembro, luns, 26 de decembro e martes, 27 de decembro, en horario de tarde.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...