Cinco vehículos coliden na autovía de Noia á altura de Santiago sen rexistrarse persoas feridas

09 Decembro 2022

O accidente produciuse no quilómetro 3 da AG-56 en dirección a Compostela, e implicou a cinco vehículos, aínda que, afortunadamente, ninguén foi trasladado polos servizos sanitarios.

O 112 Galicia recibiu o aviso a través dun particular, minutos antes das 8 horas, que indicaba que acababa de presenciar unha colisión de cinco vehículos na autovía. Pouco despois, un dos implicados contactaba tamén co 112 para comunicar que todas as persoas estaban ben. Dende o primeiro momento, os xestores do 112 solicitaron a colaboración do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento das estradas.

Sería ao fío das 9:10 horas cando desde os servizos sanitarios confirmaron que ningunha persoa tivo que ser trasladada.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.