As chuvias de novembro permitiron superar a situación de prealerta por escaseza de auga na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

07 Decembro 2022

A Xunta constata que as chuvias do mes de novembro permiten superar a situación de prealerta por escaseza de auga en toda a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presidiu hoxe unha nova xuntanza da Oficina Técnica da Seca, na que participan tamén Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural, na que se confirmaron as expectativas de melloría dos indicadores de seca prolongada e de escaseza conxuntural.

Seguindo o establecido no Plan de seca de Galicia-Costa, na xuntanza de hoxe avaliouse a situación, dunha banda, en función das precipitacións rexistradas e, doutra banda, en función das reservas de auga dispoñibles para o abastecemento.

As precipitacións rexistradas no conxunto da comunidade no mes de novembro foron un 50% superiores aos valores medios, e as previsións para o mes de decembro apuntan á normalidade, sendo este mes o máis chuvioso do ano no clima galego.

En relación coas reservas de auga dispoñibles de abastecemento, na xuntanza de hoxe confirmouse que a evolución dos caudais dos ríos, ademais de manterse, experimentaron unha importante melloría.

No que se refire á auga embalsada, o nivel actual dos encoros de abastecemento da demarcación Galicia-Costa, de competencia da Xunta, sitúase no 74,3%, cunha ocupación superior de case 4,4 puntos, con respecto á rexistrada no mesmo período do ano anterior.

Estes valores permiten a saída da situación de escaseza por seca, un nivel de risco de abastecemento que se supera, acadándose a normalidade en toda a demarcación de Galicia-Costa. En concreto, a finais de novembro o sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña recuperaba os niveis que lle permitiron saír do escenario de prealerta por escaseza. O nivel de ocupación do encoro de Cecebre xa se atopa case ao 63%.

Tamén pasan á normalidade os subsistemas de Baiona e Zamáns, no sistema de explotación do río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona, confirmándose a última valoración da Oficina Técnica da Seca. Os encoros de Zamáns e de Baiona están ao 91,3% e o ao 92,8%; respectivamente. Estes encoros abastecen aos concellos de Nigrán e de Baiona, ademais de a unha parte do concello de Vigo.

Doutra banda,  á vista dos indicadores e á melloría da situación rexistrada, no encontro de hoxe determinouse a desactivación da declaración de estado de seca prolongada a 8 novos sistemas de Galicia-Costa, que xa tiña acadado o sistema da Mariña luguesa e na zona de Ortegal e Cedeira.Deste xeito, os novos sistemas, que pasan a situación de completa normalidade, son: río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona; Costa de Pontevedra; río Lérez e Ría de Pontevedra; río Umia e Ría de Arousa (marxe esquerda); Xallas, Costa da Coruña e Ría de Corcubión; río Castro; río Grande, Ría de Camariñas e costa da Coruña ata o límite de Arteixo; e río Anllóns, costa da Coruña ata límite de Arteixo. No resto dos sistemas de Galicia-Costa mantense a seca prolongada, á espera da consolidación dos bos indicadores favorables.

Outros artigos

Venres 6 con chuvascos fortes acompañados localmente de treboada

Na xornada do venres os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos que comezarán pola mañá na provincia da Coruña e que co avance do día irán chegando ao resto da Comunidade. As precipitacións serán localmente treboentas e poderán vir acompañadas de sarabia. As...

+

“Y vendrán las migraciones…” . José Castro López

Tomo prestado el título de este comentario del libro “Y vendrán… las migraciones entiempos hostiles” (Planeta, 2006), en el que el profesor Sami Naïr estudia el problemade las nuevas migraciones: causas que las originan, rechazo y prejuicios que generan,las...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

Es una buena noticia. Descienden los suicidios. Hace muchísimos años se creó un periódico, que había decido contar solo buenas noticas, su vida en el mercado fue efímera, parece que la gente no necesita conocer buenas noticas, tira más el morbo de lo trágico. La buena...

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...