Aberto en Outes o período de inscrición para as familias que desexen acoller en verán crianzas saharauís

15 Decembro 2022

O Concello de Outes, a través da Concellería de Igualdade e Benestar, vai colaborar co importante traballo humanitario e social da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), quen pon en marcha, un ano máis, o programa Vacacións en Paz. A área de Igualdade e Benestar de Outes confirmou a súa adhesión a este programa, que xa ten aberto a nivel local o período de inscrición para que as familias do concello que queiran acoller a nenas ou nenos saharauís durante dous meses de verán. Para anotarse ou recibir información cómpre enviar un correo ao enderezo electrónico asociacionsogaps@yahoo.es ou chamar ao 981 850 003.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.