A explanada do porto de Ribeira acollerá esta finde un festival de música e cultura urbana coa actuación de oito grupos

12 Decembro 2022

Este venres e este sábado volve o Festival de Inverno de música e cultura urbana de Ribeira. Farao na explanada do porto con oito grupos que actuarán nunha carpa habilitada para dar acollida ao certame.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, presentou esta iniciativa e desculpou a ausencia de Juanma Baamonde, un dos impulsores da mesma, que non comparecer por enfermidade.

Segundo fixo saber, o festival comezará ás 22.30 horas, estando esta edición adicada á música rap e trap e contando coas actuacións do carballés C. Mirazo, un dos grandes pioneiros en Galicia no trap; o ourensán Kid Mount; os ribeirenses Xeva & RS, que presentarán novo álbum; o chileno afincando na cidade ribeirense Mapuche; e máis Ultrajuanmi, moi coñecido no escenario local e que pinchará a última hora.

Obradoiros complementarios
No transcurso do sábado desenvolverase ao longo do día diferentes obradoiros de cultura urbana impartidos pola entidade Vella Escola de Noia (de 12 a 13.30 horas haberá un taller de estampado de camisetas; de 16 a 19 horas haberá obradoiros de parkour, break, beatbox e e pista free style) e a partir das 19 horas haberá un espectáculo-demostración de beabox. Entrada a medianoite, o festival continuará coa actuación do madrileño Keey C, o galego Rokiño e Mr J.

María Sampedro animou á mocidade a desfrutar desta iniciativa que busca consolidarse no calendario cultural da comarca.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...