A empresa muradá Fresco y del Mar entrega un talón solidario a Cáritas con fondos recadados na súa campaña anti- Black Friday

19 Decembro 2022

A empresa muradá e pesca artesanal Fresco y del Mar entregou un talón por valor de máis de 1.000 euros á delegación de Cáritas en Muros. Os fondos proceden dos ingresos da firma local nos días previos ao Black Friday, no marco da súa campaña contra as promocións desta época do ano., por ser esta campaña (a do Black Friday), en opinión da firma, diametralmente contraria aos intereses das empresas tradicionais e de proximidade das nosas vilas e cidades, ademais de contribuír a fomentar competencias desleais, consumo desmedido e hábitos insustentábeis.

Esta doazón conclúe a campaña anti-Black Friday posta en marcha pola empresa muradá.

Con motivo da mesma, Fresco y del Mar decidiu pechar a súa tenda online durante o venres 25 de novembro, día clave dos descontos do Black Friday, en defensa da pesca galega artesanal, a prezos xustos e sustentábeis.

Ademais de pechar ese día a súa tenda en liña, a súa única liña de comercialización, a empresa decidiu doar a Cáritas Muros o 10% dos ingresos obtidos durante os días previos ao famoso venres negro.

“O prezo para os clientes foi o habitual, polo que o 10% solidario achegámolo desde Fresco y del Mar. Queremos colaborar cos veciños que máis o necesitan, á vez que reivindicamos que non nos/nos sumamos a esta xornada de consumismo barato”, explica Pablo Sueiro, socio e administrador da firma, quen agradece un ano máis “o apoio masivo á campaña, por parte dos nosos veciños, así como polos nosos clientes, que se sumaron a esta iniciativa solidaria”. O socio da empresa galega celebra que cada vez máis xente concorde coa principal idea deste proxecto: “O océano non está de rebaixas”.

A empresa de pesca artesanal puxo en marcha este proxecto por terceiro ano consecutivo. En novembro de 2022, a campaña anti-Black Friday chegou a outros negocios de Muros, que tampouco ofreceron descontos nesas datas. Entre eles están o Hotel-Restaurante Muradá, o Asador Vila de Muros e o Bar de Tapas O Pouso, así como Peixes Área Maior, Pastelería Goya, Librería Gallardo e a Confraría de Muros.

Outros artigos

O teatro abre o mes de Nadal en Muros

Doble cita teatral esta fin de semana en Muros. Pero a cita infantil do domingo xa está chea, pois as entradas xa se esgotaron para ver aos Bolechas. Para o sábado aínda quedan añgunhas entradas que serán vendidas na billeteira media hora antes. A nova cita da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...