A Deputación lanza nas redes unha campaña para reivindicar un Nadal sen violencia de xénero nin submisións químicas

22 Decembro 2022

A área de Igualdade da Deputación da Coruña que xestiona María Muíño lanzou nas redes unha campaña para promover o dereito a gozarmos dunhas festas de Nadal en relación de igualdade. Fíxoo baixo a etiqueta #aunicaquimicaposible e reivindicando “o dereito a gozar sen medo, libres de submisións químicas e outras violencias de xénero”.

A campaña está deseñada para ser difundida en redes sociais, tanto nos perfís institucionais da Deputación como desde entidades e concellos da provincia (e que colaboran noutras compañas de Igualdade como DeFronte Contra a Violencia de Xénero). Tamén foi concibida para ser partillada por todas as persoas que desexen difundir a mensaxe de igualdade e consentimento mutuo nas relacións.

“Nunha época coma o Nadal, chea de festas e saídas nocturnas, é máis importante que nunca fomentar as relacións en igualdade e ocupar os espazos de lecer desde unha óptica de seguridade e diversión para todas as persoas” asegura María Muíño a respecto da idea que fundamenta esta acción.

Asi, xogando coa táboa periódica dos elementos químicos, a iniciativa reivindica “a única química posíbel nas relacións”, que non é outra que “a que está baseada na igualdade, o consentimento e a atracción mutua, e, en definitiva, no desexo entre as partes implicadas”.

A creatividade de #aunicaquimicaposible foi deseñada por Iria Otero e Marián Rodríguez da axencia As Peaky Branders e conta coa supervisión e asesoría en perspectiva de xénero de María Reimóndez.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.