A bibliotecas e museos autonómicos celebran o Nadal con preto dun centenar de accións que arrincan en Ribeira

16 Decembro 2022

A Xunta vai celebrar o Nadal cun amplo abano de iniciativas de interese cultural nas súas bibliotecas e museos para toda a familia. A programación impulsada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, cuxa información está dispoñible na Axenda de Cultura de Galicia, inclúe iniciativas como sesións de contacontos, obradoiros, exposicións ou visitas guiadas. Todas estas propostas complétanse cunha nova edición de Nadal en Rede, o programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que arranca este venres 16 de decembro en Ribeira e levará actividades a unha vintena de concellos.

Provincia da Coruña: propostas para os máis cativos, exposicións e talleres
No caso da Coruña, o punto central das actividades será a Biblioteca Pública Miguel González Garcés con propostas para os máis cativos entre as que se inclúe, o sábado 17 a actividade Universo verso a cargo de Chus Álvarez, e o venres 23 o contacontos teatral de Trinketrinke e a ratiña Lilí Gruyére, que desta volta achegarase a contarnos as novas do Xornal de Lonxedetodo, do que ela é protagonista. A programación complétase cunha mostra sobre libros de Nadal na sala infantil que estará exposta ao longo da segunda quincena de decembro.

Ademais das propostas na biblioteca, o Museo de Belas Artes da Coruña tamén permanecerá operativo durante estas datas con visitas entre as que se inclúe o percorrido pola sala que acolle os gravados de Francisco de Goya, inaugurada esta semana tras a reforma realizada pola Xunta de Galicia.

No resto da provincia tamén están previstas actividades de Nadal en Rede o contacontos O Apalpador e os Monifates o domingo 18 en Malpica de Bergantiños e o venres 23 en Boiro, o concerto didáctico-sensorial para bebés Son no berce, este sábado 17 de decembro en Ribeira e o mércores 21 en Narón, e o espectáculo Fazulas e o ladrón de paraugas, o xoves 29 en Valdoviño e o venres 30 en Laracha.

Na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela, pola súa banda, están previstos obradoiros, contacontos e mostras bibliográficas. En concreto, o venres 23, será a quenda do contacontos Kamishibai de Nadal da man de Juste Kamishibai; o mércores 28 dun obradoiro de iniciación ao lettering e o xoves 29 dun taller para elaborar un mini-álbum con scrapbook, ambos a cargo de ANIAS. A última cita de decembro será a sesión de contacontos Apalpadora de Velaísca.

A programación complétase coa mostra bibliográfica Contos de inverno e a exposición de tarxetas do VIII Certame de tarxetas do Nadal.

Dentro da capital galega, a Consellería de Cultura tamén impulsa actividades no CGAC, con dúas sesións do seu taller de Nadal do 27 ao 29 de decembro e do 3 ao 5 de xaneiro, e no Museo das Peregrinacións e de Santiago que acollerá o día 17 o obradoiro Camiñando pola lenda e o cabaré familiar Amigos, viaxes, lendas…

A Cidade da Cultura, pola súa banda, conta tamén cunha variada oferta pensada para gozar en familia. As actividades darán comezo o 16 de decembro co tradicional acendido da iluminación exterior e da Árbore de Nadal da Cidade da Cultura, e inclúen visitas especiais ao museo, obradoiros creativos, teatro e toda unha nova serie de experiencias de Realidade Virtual no Galiverso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...